Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.689

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRINTA E NOVE DE MADRID

EDICTO (1074/1992-CR).

Margarita Garrido Gómez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número trinta e nove de Madrid.

Fai saber: que neste xulgado e baixo o número 1074/1992, se seguen autos de xuízo de cognición, a pedimento de Rafael Sánchez Pérez e Eugenia Espinosa Carrasco, representados polo procurador Luis Peris Álvarez, contra Benita Soto Costa, Antonia, Benito, Carlos, Casilda, Baldomero e Lucas Sánchez Morales, sobre reclamación de cantidade, nos que se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia.-En Madrid, o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Foron vistos pola maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número trinta e nove de Madrid, os presentes autos de xuízo de cognición número 1074/1992, promovidos a pedimento de Luis Peris Álvarez, procurador, en nome e representación de Rafael Sánchez Pérez e Eugenia Espinosa Carrasco, contra Benita Soto Costa, Antonia, Benito, Carlos, Casilda, Baldomero e Lucas Sánchez Morales, e recaeu neles a presente resolución:

Que acepto a demanda interposta por Luis Peris Álvarez, procurador, en nome e representación de Rafael Sánchez Pérez e Eugenia Espinosa Carrasco, contra Benita Soto Costa e contra Antonia, Benito, Carlos, Casilda, Baldomero e Lucas Sánchez Morales, ós que condeno a elevar a escritura pública o contrato privado de compravenda celebrado o 9-4-1974 entre os demandantes como compradores, e Baldomero Sánchez Recio e Benita Soto Costa como vendedores, e a que se constrinxe a demanda, referido á transmisión do piso-vivenda 3º esquerda en planta 3ª, de alzado sobre a baixa, da casa número 52 da rúa do Amparo de Madrid, predio rexistral 25.120 do Rexistro da Propiedade número 3 de Madrid, e contrato privado acompañado como documento e da demanda.

Non fago expresa imposición das custas causadas.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación no termo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándo e asínoo.

E para que lles sirva de notificación en forma ós ignorados herdeiros de Benita Soto Costa, expido o presente edicto en Madrid o sete de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2045