Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se dictan instruccións para o final do curso 1995-1996 nos centros de bacharelato, formación profesional, educación secundaria, educación secundaria e profesional, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e conservatorios de danza.

Co obxecto de regula-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos institutos de bacharelato, de formación profesional, de educación secundaria, de educación secundaria e profesional, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas conservatorios de música, conservatorios de danza e centros privados destes niveis educativos, no período final do curso, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.

1. Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario das actividades docentes para o mes de xuño, de acordo coas instruccións recollidas nesta resolución.

2. As direccións dos centros citados enviarán ós servicios provinciais da Inspección, antes do 1 de maio, un resumo do calendario aprobado polo claustro conforme os modelos recollidos nos anexos a esta resolución. As inspeccións devolverán ós centros unha copia do citado resumo, aceptada ou rectificada, antes do día 15 de maio, para que os directores a dean a coñecer ó profesorado para o seu cumprimento.

Segundo.

1. O profesorado de centros de ensino secundario seguirá cumprindo o seu horario lectivo ata o día 14 de xuño. Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario aprobado polo claustro deberá prever, ata esa data, as actividades docentes referidas a probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, atención a alumnos pendentes de probas de suficiencia, recuperacións, etc.

2. A partir do 17 de xuño e ata o 29 inclusive, as direccións dos centros poderán modifica-los horarios dos profesores para adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo claustro

e aceptado pola Inspección (probas de suficiencia, avaliacións finais, entrega de cualificacións, atención a reclamacións, etc.). En todo caso, as direccións dos centros deben garanti-la atención ás reclamacións contra as cualificacións finais, realizadas dentro dos prazos previstos no punto 10.2º da Orde do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto).

Terceiro.

1. As datas de avaliación do COU e do segundo curso dos bacharelatos previstos na Lei de ordenación xeral do sistema educativo adecuaranse ás das probas da selectividade.

2. Unha vez realizadas as avaliacións, poderán continua-las clases de COU e do segundo curso dos bacharelatos citados no punto anterior nas disciplinas que fose necesario ata a celebración das probas de selectividade e, con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros para introduciren modificacións nos horarios dos profesores e os grupos de alumnos afectados.

Cuarto.

Os alumnos con disciplinas pendentes de cursos anteriores realizarán unha proba extraordinaria de suficiencia que se celebrará no mes de maio.

Quinto.

As probas de suficiencia do bacharelato unificado e polivalente celebraranse a partir do 17 de xuño. Entre as sesións de avaliación conxunta e as probas de suficiencia deberá transcorrer como mínimo unha semana. A cualificación destas probas realizarase conforme a Resolución do 4 de xullo de 1975 (BOE do 12).

Sexto.

Os exames para alumnos libres terán lugar do 15 ó 30 de xuño e do 1 ó 15 de setembro (Orde do 20 de xuño de 1975, BOE do 28) para o bacharelato unificado e polivalente; do 15 de xuño ó 15 de xullo e do 1 ó 30 de setembro (Orde do 28 de xaneiro de 1985, DOG do 15 de febreiro) para a formación profesional de segundo grao.

Sétimo.

1. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros de ensinanzas de réxime especial poderán adapta-los horarios dos profesores ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación no poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto nos horarios lectivos de cada profesor.

2. Nas escolas de artes aplicadas e oficios artísticos non rematarán as clases normais antes do día 30 de maio. A avaliación conxunta dos alumnos realizarase o día 31 de maio. As probas de suficiencia terán lugar entre os días 3 e 7 de xuño. Os exames libres e, eventualmente, as probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963, realizaranse a partir do día 10 de xuño.

3. Nas escolas oficiais de idiomas as clases non rematarán antes do día 31 de maio. As probas finais dos alumnos oficiais realizaranse entre os días 3 e 7 de xuño. As probas para alumnos libres dos ciclos elemental e superior terán lugar a partir do día 3 de xuño.

4. Nos conservatorios de música e nos conservatorios de danza as clases non rematarán antes do día 31 de maio. A avaliación conxunta dos alumnos do plan de estudios LOXSE realizarase entre os días 3 e 7 de xuño. Os exames correspondentes a plans de estudios anteriores á LOXSE terán lugar entre os días 10 e 14 de xuño. Os exames libres celebraranse entre o 17 e o 22 de xuño. A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase entre o 24 e o 28 de xuño.

Oitavo.

De acordo co establecido no punto 1 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto), ó longo do mes de xuño, os equipos directivos dos centros docentes ós que se refire a presente orde, logo do informe dos respectivos claustros de profesores, elaborarán unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se é o caso. A devandita memoria, con informe do consello escolar do centro, enviarase ó Servicio de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralos.

Noveno.

Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 27) polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral. Para tal efecto expoñerán no taboleiro na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1996/1997. Unha copia de dita relación será enviada ó servicio provincial da inspección educativa antes do día 24 de xuño. Así mesmo observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e material didáctico nos centros tanto por persoal seu, como por persoas alleas a el.

Décimo.

Os secretarios dos centros docentes públicos deberán remitir á delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondente, fotocopias autentificadas das actas de avaliación final de tódolos cursos do seu centro e dos centros privados adscritos, antes do día 15 de xullo de 1996.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Luís Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO I

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1995-96

O Director/a do IB/IFP/IESP/IES

pon no seu coñecemento co calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte (1):

Para a ESO

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán doó

Para o Bacharelato

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán doó

Para o BUP

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán doó

As datas de probas de suficiencia serán doó

As datas das probas para alumnos libres serán doNº alumnos libres

As datas de avaliación final serán doó

Para COU

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán doó

Para FP

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán doó

As datas de probas de suficiencia serán doó

As datas das probas para alumnos libres serán doNº alumnos libres

As datas de avaliación final serán doó

..., ... de... de 1996

O director/a

Sr Inspector/a de Educación

(1) Cubri-lo que proceda

ANEXO II

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1995-96

O Director/a da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

As datas de avaliación final serán doó

As probas de suficiencia realizaranse doó

As probas para os alumnos libres serán doó

As probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963 (cando se impartan

especialidades deste plan) realizaranse entre os días

..., ... de... de 1996

O Director/a

Sr. Inspector/a de Educación

ANEXO III

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1995/96

O director/a da Escola Oficial de Idiomas

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte

As probas finais para os alumnos oficiais serán o día

As probas para os alumnos libres do ciclo

elemental terán lugar doó

As probas para os alumnos libres do ciclo superior

celebraranse doó

..., ... de... de 1996

O Director/a

Sr. Inspector/a de Educación

ANEXO IV

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1995/96

O Director/a do Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte:

A avaliación conxunta dos alumnos LOXSE

realizarase doó

Os exames de plans de estudios anteriores á LOXSE celebraranse doó

Os exames libres realizaranse doó

A proba de acceso ó grao medio LOXSE

realizarase doó

..., ... de... de 1996

O Director/a

Sr. Inspector/a de Educación

96-2539