Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se dictan instruccións para a organización das actividades de final do curso 1995-1996 para os centros de educación infantil e educación primaria/EXB.

Co fin de organiza-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos centros de educación infantil, educación primaria/EXB e as súas modalidades, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.-Os comedores escolares funcionarán ata o día 30 de maio.

Segundo.-A partir do día 3 de xuño ata o 21, inclusive, as actividades escolares desenvolveranse en xornada única de 4 horas, sen prexuízo do cumprimento por parte do profesorado do horario que lel corresponda. Os centros que conten con servicio de comedor iniciarán a devandita xornada única o día 31 de maio.

Terceiro.-O período comprendido entre o 24 e o 28 de xuño será dedicado polo profesorado, entre outras actividades, a elabora-las actas de avaliación, os informes individualizados (se é o caso, as fichas de recuperación estival), os informes ás familias e a cubri-los libros de escolaridade, permanecendo

todo o profesorado, tanto o de educación infantil como o de educación primaria/EXB, así como da súas modalidades, no centro ata o día 28 de xuño, inclusive.

Cuarto.-Os directores dos centros adoptarán as medidas oportunas, para facilita-lo exercicio, por parte dos pais ou titores dos alumnos, do dereito a presentar reclamación contra as cualificacións finais, segundo establece o punto 4.7º da Orde do 15 de xullo de 1991, así como para a actuación da comisión prevista nela.

Quinto.-De acordo co establecido no punto 2.1º da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de xullo de 1991, ó longo do mes de xuño, o equipo directivo, logo do informe do claustro de profesores, elaborará unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se e o caso. A devandita memoria, informe do Consello Escolar do centro, enviarase ó Servicio de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte sonre todo para programar novamente obxectivos non acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para lograrlo.

Sexto.-Os alumnos que rematen a educación priamria e tiveran feita a reserva de praza prevista no punto segundo da Orde do 5 de abril de 1995 (DOG do 10 de maio), quedarán automaticamente matriculados no centro de educacións ecundaria ó que estea adscrito o centro de educación priamria, de conformidade co punto terceiro da dita orde. Para tales efectos os directores dos centaros de educación primaria remitirán ó centro de educación secundaria ó que estean adscritos, relación nominal dos alumnos que pasan a primeiro curso de educación secundaria obrigatoria acompañada dos documentos correspondentes.

Sétimo.-Co fin de axiliza-lo proceso de matriculación nos centros de educación secundaria dos alumnos que finalicen os seus estudios de EXB, os directores dos centros entregaranlles os alumnos que o soliciten unha certificación acreditativa de que foron propostos, para que se lles expida o título de graduado escolar, con mención expresa da cualificación global obtida, ou ben o certificado de escolaridade, no que se sinale explicitamente o nivel superado. A devandita certificación será suficiente para efectua-la inscrición nos centros de educación secundaria, condicionada, en todo caso, á presentaicón nos centros dos niveis citados do libro de escolaridade, debidamente dilixenciado, antes dos días 20 de xullo e 14 de setembro respectivamente, de acordo coa finalización dos estudios de EXB. Para estes efectos os servicios provinciais da Inspección Educativa adoptarán as medidas oportunas, para que os libros estean visados e devoltos ós centros antes dos días 15 de xullo e 12 de

setembro, respectivamente.

Oitavo.-Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 27) polo que se regula a autorización de libros

de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral. Para tal efecto expoñerán no taboleiro na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1996/1997. Unha copia da citada relación enviarase os respectivos servicios provinciais da Inspección Educativa antes do día 24 de xuño. Así mesmo observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e material didáctico nos centros tanto por eprsoal do colexio, como por persoas alleas a el.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

2618