Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.664

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de marzo de 1996 pola que se aproba a transformación e clasificación definitiva, no nivel de educación primaria, do centro privado Labor de Vigo (Pontevedra), do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Labor de Vigo en solicitude de transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria, no dito centro.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por orde ministerial do 8 de xaneiro de 1975, a clasificación condicionada para 16 unidades de educación xeral básica e por Orde do 10 de xuño de 1991 a autorización definitiva para educación infantil-2º ciclo.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación e pola unidade técnica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG

do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro que se expresa, de acordo cos informes emitidos e coas disposicións vixentes na materia, reúne os requisitos necesarios, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-la transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria, do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde.

Excepcionalmente, e en canto non se extingan as ensinanzas de educación xeral básica, o centro poderá seguir impartindo as ditas ensinanzas.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra

Concello: Vigo

Localidade: Vigo

Enderezo: Avenida das Camelias, 63

Denominación: labor

Titular: Sergio Saborido Comesaña

Composición resultante:

Nivel: educación infantil-2º ciclo

Unidades autorizadas: 3

Nivel: educación primaria

Unidades autorizadas: 12

2617