Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 19 de abril de 1996 Páx. 3.667

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/138-2. Libro de rexistro: 4.394 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar desvío Inst. Eléct. estrada LU-232 Lugo-Friol-Tramo Lugo (N-640)-Friol 1ª fase, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en con

cunha lonxitude de 45 metros. Liñas de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para desvío de instalacións eléctricas na estrada LU-232 Lugo-Friol, tramos Lugo (N-640)-Friol 1ª fase.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 30 de xaneiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

96-2538