Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores de pesca fluvial devoltos polo servicio de correos (expediente número P-312/95 e P-343/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle as persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publicar o acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concurrir os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de no efectuarse alegacións no prazo anterior, estes acordos de iniciación poderán ser considerados propostas de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados, que serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 197.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

Expediente nº: P-312/95.

Denunciado: Benigno Quintela Quintela.

DNI: 32.351.962.

Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro, 232; A Coruña-15010.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana non respectando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 24-2-1995 (DOG nº 50 do 13-3-1995) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter pescado 3 troitas de tamaño inferior ó regulamentario e non devolvelas ó río, así como pescar entorpecendo e molestando a outros pescadores que estaban previamente pescando. Feitos

ocorridos o 3-8-1995 no muíño de Fabás-río Martiñán-Corbelle- Vilalba.

Precepto sancionador: 33.5º e 33.9º.

Calificación infracción: leve.

Sanción: 30.000 ptas. de multa e 5.000 ptas. de indemnización.

Expediente Nº P-343/95.

Denunciado: Manuel Rodríguez Basadres.

DNI: 33.775.443.

Último enderezo coñecido: Alexandre Bóveda, 7-2º, Lugo.

Feitos imputados: descomposición dos fondos e leito do río, removendo varias toneladas de terra e depositándoa, formando entullos, na marxe esquerda do río; sendo suceptibles de ser arrastrados, co conseguinte dano para a riqueza piscícola, e sen contar con autorización. Feitos ocurridos o día 24-8-1995 na marxe esquerda do río Miño á altura do restaurante O Muíño, Lugo.

Precepto sancionador: 33.10º e 35.10º.

Calificación infracción: grave.

Sanción: 500.001 ptas. de multa e un ano e un día de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Lugo, 6 de marzo de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

96-2266