Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores E.N. 26/95 e tres máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.

Santiago Pérez Poza

Instructor

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N. 26/95Arturo Novas Pérez

r/ Balea, 62

O Grove

Extracción de area sen autorización o día 4 de maio de 1995 na praia da Lanzada.Art. 38.2º da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 38 da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre. 50.000 ptas.
E.N. 58/95Benito Fernández Rodríguez

Sta. Margarita, 9-Os Santos

Pontevedra

Acampar sen a correspondente autorización no Lugar de Chan de Pólvora, na Illa de Ons o día 15-8-1995.Art. 38.3º da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 38 da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre. 10.000 ptas.
E.N. 60/95Alfonso Costa Corbal

Mestre Montes, 1

Vigo

Acampar en zona prohibida, no lugar de praia de Fedorentos, na Illa de Ons o día 22-8-1995.Art. 38.3º da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 38 da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre. 10.000 ptas.
E.N. 64/95Iago Bao Fernández

Av. Florida 22-6º A

Vigo

Practica-lo deporte de windsurf no lugar denominado como enseada do Bao o día 23-8-1995.Art. 38.3º da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 38 da Lei 4/1989, de Conserv. dos Espac. naturais e da flora e fauna silvestre. 10.000 ptas.

2061