Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de montes 95/082MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes, de 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolucion será acordada polo director xeral de Montes e medio Ambiente Natural.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informa

cións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolucion, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos - A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.d. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 14 de marzo de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Expediente: 95/0082MP.

Denunciado: Manuel García Eiras.

DNI:

Último enderezo coñecido: estrada de Eirís, 15-3º C-A Coruña.

Feitos denunciados: cortar sen autorización carballos, castiñeiros e ameneiros.

Precepto infrinxido: 432.

Precepto sancionador: 432 do Regulamento de montes.

Sanción proposta: 21.000 ptas.

96-2267