Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.642

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de caza (números 95/0057 e 95/0059).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e mais do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971. Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pago voluntario, o interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 15 de marzo de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

Expediente: C-95/0057.

Denunciado: Manuel Pérez Vázquez

DNI: 32.326.595 A

Último enderezo coñecido: A Cabana-Castro, 20-Anceis-Cambre.

Feitos denunciados: non impedir que os cans propios vaguen sen control por terreos de réxime cinexético especial, sen autorización.

Tipificación lei de caza:

Artigo: 48.2.24

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

Expediente: C-95/0059.

Denunciado: José M. Hernández Iglesias

DNI: 33.200.069

Último enderezo coñecido: García Prieto, 33-Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: non impedir que os cans propios vaguen sen control por terreos de réxime cinexético especial, sen autorización.

Tipificación lei de caza:

Artigo: 48.2.24

Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

96-2268