Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.622

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996 pola que se convocan cursos de información e atención ó cidadán.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse cursos de información e atención ó cidadán.

1.-Obxectivos.

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desempeño dun posto de traballo de atención ó público.

2.-Destinatarios.

Persoal con funcións de atención ó público en corporacións locais, integrados nos grupos C, D e E ou asimilados.

3.-Solicitudes

Aqueles que aspiren a participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial que figura ó final da convocatoria cuberta en tódolos epígrafes, e na que se farán constar, en todo caso, os seguintes datos:

a) Descrición do posto de traballo que desempeña na actualidade.

b) Xustificación de cumprimento do requisito esixido na base 2.

c) Conformidade da entidade na que presta servicios. Cando o solicite máis dun interesado da mesma corporación, deberase especifica-la orde de preferencia.

A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

4.-Tramitación de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro xeral da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, r/ Madrid 2-4, 15703 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza, segundo a localidade, 15 días antes do comezo de cada curso.

6.-Desenvolvemento do curso.

Lugares e datas de realización:

-Santiago de Compostela: 9, 10, 20, 21, 22, 30 e 31 de maio.

-A Coruña: 23, 24, 27, 28 e 29 de maio e 6 e 7 de xuño.

-Lugo: 12, 13, 14, 20, 21, 26 e 27 de xuño.

-Ourense: 9, 10, 11, 19, 20, 23 e 24 de setembro.

-Vigo: 12, 13, 16, 17, 18, 25 e 26 de setembro.

Duración: 25 horas.

Horario: de 17 a 20.30 horas.

Prazas: 25 en cada localidade.

7.-Selección.

Os criterios de selección axeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución de 27 de xuño de 1994 da EGAP, (DOG nº 149 de 3-8-94) pola que se precisan os criterios de selección para participar nas súas actividades.

A EGAP resérvase a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa celebración.

8.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

9.-Contido.

Comportamento interpersoal. Elementos básicos de comunicación. Técnicas de información ó público. Estratexias de resolución de problemas. Situacións de tensión.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

1987