Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (295/1992).

Mª Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de divorcio (5 *) nº 00295/1992, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón, o vinteoito de decembro de mil novecentos noventa e tres.

Vistos por Raimundo San Adrián Otero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 1 de Padrón e o seu partido, os presentes autos de divorcio (5 *), seguidos neste xulgado co nº 00295/1992, tramitados consonte a disposición adicional 5ª da Lei 30/1981, do 7 de xullo, nos que son parte, como demandante, Mauela Santos Lorenzo, representada polo procurador Julio Barreiro Fernández (de oficio), e asistido pola letrada Mª José Escurís Reinoso (de oficio), e como demandada, José Mª Soñora Rodríguez, en paradoiro descoñecido.

Decido que considerando a damanda interposta polo procurador Julio Barreiro Fernández, en nome e representación de Manuela Santos Lorenzo, contra o seu home José Mª Sóñora Rodríguez, declaro disolto por divorcio, o matrimonio de ámbolos cónxuxes, acordando respecto dos bens a disolución do réxime económico matrimonial con efectos para determinar en execución de sentencia se así se solicita, todo iso con expresa condena en custas causadas ó demandado».

E para a súa publicidade e para que lle sirva de notificación ó demandado, non comparecido, José Mª Señora Rodríguez, expido o presente edicto en Padrón o sete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

2046