Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 18 de abril de 1996 Páx. 3.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (206/1995).

Amalia Álvarez Teixeira, secretaria da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 de Ribeira, dá fe e testemuño de que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída en autos, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Ribeira, o cinco de marzo de mil novecentos noventa e seis. A xuíza Luisa María Pérez Rúa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Ins

trucción número dous dos desta cidade, viu os presentes autos de separación conxugal, número 206/1995, seguidos a pedimento de María Benita Argibay Torrado, representada pola procuradora Peleteiro Bandín contra José Benito García Losada, declarado en situación procesual de rebeldía, no que foi parte o Ministerio Fiscal.

Vistos os preceptos de pertinente e xeral aplicación.

Decido que rexeito a demanda de separación conxugal interposta pola procuradora Peleteiro Bandín, en nome e representación de María Benita Argibay Torrado, contra José Benito García Losada, declarado en situación procesual de rebeldía, por falta de probas sobre os feitos e a causa alegada para a presentación do proceso matrimonial, e debo declarar e declaro non haber lugar a concede-la separación solicitada, e deixo sen efecto as medidas reguladoras que puidesen recaer no curso do presente procedemento principal ou derivadas del, unha vez firme a presente resolución, e todo iso sen facer especial pronunciamento en canto ás custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos dentro do termo de cinco días desde a súa notificación».

A sentencia anterior foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe en audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado en situación procesual de rebeldía José Benito García Losada, expido e asino a presente cédula en Ribeira o once de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2480