Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.538

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 15 de abril de 1996 pola que se acorda que o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia empece a desenvolve-las súas actividades.

Na disposición adicional quinta do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, e se desenvolve a súa estructura orgánica, establécese que o Ilgga empezará a desenvolve-las súas actividades, unha vez aprobado o seu orzamento, na data en que dispoña o conselleiro de Agricultura, Ganderia e Montes.

Unha vez que o citado decreto entrou en vigor e dado que o Ilgga xa conta con orzamento de seu,

ORDENO:

O Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) empezará a desenvolve-las funcións que lle encomenda a lei da súa creación e o regulamento que a desenvolve o día 18 de abril de 1996.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

2845