Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 29 de marzo de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Normativa Galega sobre Vivenda.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Con

sellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo que se relaciona no anexo.

2. Este prezo enténdese con IVE incluído.

ANEXO I

Normativa galega sobre vivenda3.500 ptas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de mil novecentos noventa e seis.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2366