Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 130/1996, do 29 de marzo, polo que se desafecta o inmoble sito na parroquia de San Salvador de Muxa da cidade de Lugo denominado Estación de Inspección Técnica de Vehículos.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidad Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumpirmento dos fins determinantes da súa afectación cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, se é o caso, do dereito de reversión nos termos da lexislación de expropiación forzosa, respecto daqueles bens adquiridos por este título.

O apartado segundo do antedito artigo establece que a desafectación dos bens de dominio público da Comunidade Autónoma deberá facerse mediante acordo do Consello da Xunta, logo de instrucción de expediente pola Consellería de Economía e Facenda, por instancia da consellería interesada, e

sempre que se acredite a desaparición das causas xustificativas de afectación.

A Consellería de Industria e Comercio solicituou a desafectación do inmoble sito na parroquia de San Salvador de Muxa, en Lugo, baseándose na non utilización das instalacións, pola empresa concesionaria que, logo de autorización da Consellería de Industria e Comercio, pasou a presta-lo servicio en outras dependencias da súa propiedade.

Polo exposto, resulta acreditada a desaparición das causas xustificativas da afectación xa que a Consellería de Industria e Comercio estimou que non é necesario para o cumprimento dos fins ós que se viña dedicando.

Por todo isto, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Desaféctase do dominio público o inmoble coñecido como Estación de Inspección Técnica de Vehículos, sita na parroquia de San Salvador de Muxa (Lugo), composto na actualidade dunha nave de oficinas de 512 m e unha urbanización de 3.500 m, que se sitúan sobre unha parcela de aproximadamente 6.801 m de extensión superficial.

2. O inmoble descrito no parágrafo anterior atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Lugo no tomo 749, do arquivo 336 do Concello de Lugo, folio 216, nº 24.708.

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, vintenove de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

2589