Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a transformación dunha unidade de EXB en unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado San Pio X de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San Pio X de Ourense no que solicita a transformación de unha unidade de EXB en unidade do segundo ciclo de educación infantil en dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense que o envía cos informes emitidos pola inspección de educación e pola unidade técnica.

Resultando que o centro obtivo, por Orde do 17 de maio de 1977, a clasificación definitiva para 8 unidades de EXB.

Resultando que o centro solicita a transformación dunha destas unidades nunha unidade de educación infantil segundo ciclo.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se da no centro solicitante.

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga ós centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Autoriza-la transformación dunha unidade de EXB en unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

PROVINCIA DE OURENSE

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: avenida de Zamora, 98.

Denominación: San Pio X.

Titular: cooperativa de enseñanza San Pio X, sociedad cooperativa.

Composición resultante:

Nivel: educación infantil segundo ciclo.

Unidades de que constaba: 1.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 2.

Nivel: educación primaria/EXB.

Unidades de que constaba: 8.

Unidades que se reducen: 1.

Total de unidades autorizadas: 7.

2489