Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/372/1996, interposto por María Sagrario Pereira Domínguez.

O día 25 de marzo de 1996 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, os expedientes administrativos correspondentes ó recurso contencioso-administrativo número 01/372/1996, interposto por María Sagrario Pereira Domínguez, contra resolución desta dirección xeral desestimatoria de recurso ordinario sobre cesamento da recorrente no posto de traballo que tiña acreditado.

En cumprimento do requerimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2567