Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 1996 Páx. 3.530

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996 pola que se empraza a Elena Amalia Mayán Caamaño no expediente disciplinario seguido na súa contra.

Incoado expediente disciplinario a Elena Amalia Mayán Caamaño, auxiliar administrativa con destino no IFP Fernando Blanco de Cee, e non comparecendo a interesada en ningún momento do procedemento, resolvín, ó amparo do previso no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

1. Emprazar, por instancia da instructora no devandito expediente, María Siso Vega, a Elena Amalia Mayán Caamaño, auxiliar administrativa con destino no IFP Fernando Blanco de Cee, en paradoiro descoñecido, para que no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, comparezca perante a referida instructora, nas oficinas da Delegación Provincial da Coruña, sita na praza de Luis Seoane, s/n, 7º andar, das nove ás catorce horas, para lle entrega-lo prego de cargos referente ó expediente que se segue, apercibíndoa de que de non acudir a este requirimento se proseguirán as actuacións a que en dereito haxa lugar.

2. Prorroga-lo período de suspensión provisional das súas funcións mentres dure a tramitación do citado expediente debido á gravidade e transcendencia dos feitos que se lle imputan.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2512