Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O Pleno, en sesión celebrada o día 28 de abril de 1995, aprobou a oferta de emprego público para

o dito ano. Publicada no BOE número 136 do 8-6-1995, a Corporación, en sesión plenaria do 29-2-1996, acordou convoca-la provisición en propiedade dunha praza de coordinador de actividades deportivas conforme as seguintes bases.

Primeira.-Normas xerais.

Convócanse probas selectivas para cubrir, polo procedemento de concurso-oposición libre, unha praza de coordinador de actividades deportivas, correspondente á escala de Administración especial, subescala de servicio especiais, titulación de grao medio equivalente a diplomado universitario, clasificada no grupo B do cadro de funcionarios do Concello de Ortigueira.

A lexislación aplicable na realización destas probas selectivas axustarase ó establecido na Lei 7/1985, do 2 abril; Real decreto 781/1986, do 18 de abril; Lei 30/1984, do 2 de agosto; Real decreto 896/1991, do 7 xuño; Real decreto 2223/1984, do 19 de decembro; Lei 53/1984, do 26 de decembro, e Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e ás bases desta convocatoria.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los requisitos seguintes:

a) Ser español/a.

b) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder de cincuenta e cinco, agás que teñan servicios compatibles para efectos de xubilación (artigo 135.b do Real decreto 781/1986).

c) Estaren en posesión da titulación de grao medio, equivalente a diplomado universitario.

d) Non padeceren enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estaren separados mediante expediente disciplinario do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitados para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

Terceira.-Sistema selectivo.

Establecese o sistema de concurso-oposición libre no que quedan garantidos os principios de igualdade, mérito e capacidade.

1. Fase do concurso.

Serán méritos valorables os seguintes:

a) Experiencia profesional ou estimación do traballo desenvolvido:

-Por servicios efectivos prestados como monitor-xerente en pavillóns deportivos municipais, 1 punto por cada ano ou fracción superior a 6 meses, ata un máximo de 6 puntos.

-Por estar en posesión de título de licenciado no INEF, 2 puntos.

-Por estar en posesión de calquera lincenciatura universitario, 1 puntos.

-Polos servicios prestados na Administración local en postos de semellantes características ás da praza a que se opta, 0,30 puntos por mes, cun máximo de 6 puntos.

-Polos servicios prestados en calquera outra Administración pública en posto de semellantes características á da praza á que se opta, 0,20 puntos por mes, cun máximo de 5 puntos.

-Por participación en cursos de formación e perfeccionamento impartidos polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro organismo oficial autorizado para impartilos, relacionados coas funcións propias da praza a que se opta:

-Por cada curso de 40 horas lectivas, 0,50 puntos.

-Por cada curso de 10 a 39 horas lectivas, 0,10 puntos.

A puntuacion máxima por esta apartado non poderá ser superior a 4 puntos.

Acreditáranse mediante certificado e/ou diploma da entidade organizadora.

-Por impartir cursos e/ou seminarios deportivos e xuvenís, 0,50 por cada un, ata un máximo de 2 puntos.

Acreditaránse mediante certificación da entidade organizadora.

A cualificación final da fase de concurso será a suma das puntuacións obtidas na valoración dos méritos alegados e xustificados debidamente por cada aspirante.

2. Fase da oposición.

A fase da oposición constará de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio, clasificándose cada un deles de 0 a 10 puntos. Quedarán eliminados os aspirantes que non alcancen a puntuación de 5 puntos en cada un dos exercicios.

Primeiro exercicio: de carácter teórico, realizarase por escrito, e consistirá en desenvolver no tempo máximo de dúas horas un tema de carácter xeral determinado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio e relacionado co programa que acompaña a convocatoria, aínda que non se ateña a epígrafes concretos del, tendo os aspirantes ampla liberdade en canto á súa forma de exposición.

Neste exercicio valorarse a formación xeral universitaria, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición, a aportación persoal do aspirante e a súa capacidade de síntese.

O tribunal poderá acordar que este exercicio sexa lido ante el polos respectivos aspirantes.

Segundo exercicio: de carácter teórico, realizarase por escrito e consistirá en contestar no tempo máximo de tres horas a dous temas, extraídos ó azar, un

de cada unha das partes de que consta o programa anexo a esta convocatoria.

Terceiro exercicio: de carácter práctico, desenvolverase por escrito durante un período máximo dunha hora, e consistirá na redacción dun informe con proposta de resolución sobre un suposto práctico que proporá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativo ás tarefas e funcións propias do posto de coordinador de actividades deportivas.

Cuarta.-Solicitudes.

As instancias solicitando tomar parte no concurso-oposición libre deberán dirixirse ó alcalde-presidente do Concello de Ortigueira, e presentaranse no rexistro xeral de nove a catorce horas, durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE, logo de publicación íntegra das bases no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, as instancias poderán presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á solicitude para tomar parte no concurso-oposición deberán de xuntárselle os documentos xustificativos correspondentes para seren tomados en consideración os méritos alegados na fase do concurso, debendo presentarse a documentación orixinal e copia dela para a súa compulsa.

Quinta.-Dereitos de exame.

Á solicitude para participar nas probas deberá achegárselle o xustificante de ingreso na Tesourería municipal da cantidade de 3.000 pesetas, en concepto de dereitos de exame.

Sexta.-Admisión de aspirantes.

Para ser admitido ó proceso selectivo bastará con que os aspirantes manifesten nas súas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, referidas sempre á data de expiración do prazo sinalado para a presentación das instancias.

Rematado o prazo de presentación das solicitudes, o alcalde-presidente dictará resolución no prazo máximo de vinte días, na que declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, expresando os motivos da exclusión e designando o tribunal cualificador, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos do concello, concedéndose o prazo de dez días para a corrección polos aspirantes excluídos dos defectos a que se fai referencia no artigo 71 da Lei 30/1992 citada, así como para a abstención ou recusación dos membros do tribunal.

A publicación da dita resolución no BOP será determinante así mesmo para os efectos de posibles impugnacións e recursos de conformidade co previsto na lei citada.

De non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición pública, a lista elevarase a definitiva de forma automática. No caso contrario, unha vez resoltas, publicarase a lista definitiva na mesma forma nunca anterior.

Sétima.-Convocatoria e comezo dos exercicios.

Entre a publicación da convocatoria e a data de comezo para a realización dos exercicios da fase de oposición deberá transcorrer un prazo non inferior a dous meses.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único, con indicación do lugar, día e hora en que terán lugar, sendo excluídos da fase de oposición os aspirantes que non comparezan, agás nos casos considerados de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

O día, hora e lugar do comezo do primeiro exercicio publicarase no BOP. A celebración do resto dos exercicios anunciaranse unicamente no taboleiro de edictos do concello.

A fase de concurso é previa á da oposición, e non terá carácter eliminatorio, nin poderá terse en conta para supera-las probas da fase da oposición.

A cualificación da fase do concurso e dos exercicios da oposición publicaranse no taboleiro de edictos do concello.

Oitava.-Composición, constitución e actuación do órgano de selección.

O tribunal cualificador que xulgará as probas selectivas de que consta o concurso-oposición compoñerase dos seguintes membros:

Presidente: o alcalde do concello ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: un funcionario administrativo designado polo alcalde.

Vocais: un representante da Comunidade Autónoma de Galicia. Un representante do persoal do concello designado pola mesa negociadora. Un membro da Comisión de Deportes designado por ela. O secretario xeral do concello.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias a que se refiren os artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, ou se realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas semellantes nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran algunha das circunstancias citadas.

A designación de membros do tribunal incluirá a dun suplente para cada un deles e será publicada no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

O tribunal resolverá con maioría de votos dos membros presentes tódalas dúbidas que xurdan da aplicación das normas contidas nestas bases e determinará a actuación procedente nos casos non previstos. O seus acordos só poderán seren impugnados polos interesados nos supostos e na forma establecida na Lei 30/1992.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para todas ou algunha das fases sinaladas.

As resolucións do tribunal vinculan á Administración, sen prexuízo de que esta, de se-lo caso, poida proceder á súa revisión conforme determina a Lei 30/1992, caso no que deberán de practicarse de novo as probas ou trámites afectados polas irregularidades.

O tribunal que actúe nestas probas terá a categoría segunda, en virtude do artigo 33.2º do Real decreto 236/1988, do 4 de marzo.

Novena.-Lista de aprobados e proposta do tribunal.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de edictos do concello, non podendo superar estes o número de prazas convocadas.

Simultaneamente á súa publicación, o tribunal elevará a relación expresada á Alcaldía-Presidencia propoñendo o nomeamento correspondente. Ó propio tempo remitirá á dita autoridade a acta da derradeira sesión.

O aspirante proposto presentará no negociado de persoal do concello os seguintes documentos acreditativos de que posúe as condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria:

a) Fotocopia do DNI (acompañada do orixinal para a súa compulsa).

b) Copia autenticada o fotocopia (que deberá presentar xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de diplomado universitario, ou xustificante de ter aboado os dereitos para a súa expedición.

c) Certificado acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal desempeño da función.

d) Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública, nin atoparse inhabilitado.

O prazo de presentación de documentos será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da lista de aprobados no taboleiro de edictos do concello.

Conforme ó disposto no artigo 21 do Real decreto 2223/1984, do 19 de novembro, os que dentro do prazo indicado e agás nos casos de forza maior, non presentasen os seus documentos ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados

e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puideran incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte nas probas selectivas.

Rematado o proceso selectivo o aspirante que o supere será nomeado funcionario de carreira.

O nomeamento deberá publicarse no BOE.

Décima.-Toma de posesión.

Unha vez aprobada a proposta de nomeamento que formule o tribunal cualificador á Alcaldía-Presidencia, o aspirante incluído nela deberá tomar posesión no prazo máximo de trinta días, conforme as prescricións contidas no artigo 35 do Regulamento de funcionarios da Administración local vixente.

Se o aspirante proposto non toma posesión no prazo indicado sen causa debidamente xustificada, quedará na situación de cesante, con pérda de tódolos dereitos derivados das probas selectivas ou do subseguinte nomeamento conferido.

ANEXO

Programa do primeiro e segundo exercicio.

I. Parte Primeira: materias comúns.

Tema 1.-O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2.-A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3.-A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4.-Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5.-A Coroa. O poder lexislativo.

Tema 6.-O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7.-O poder xudicial.

Tema 8.-Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía: o seu significado.

Tema 9.-Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 10.-Sometemento da Administración á lei e o dereito. Fontes do dereito público. A lei. As súas clases.

Tema 11.-O regulamento. As súas clases. Límites da potestade regulamentaria. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 12.-O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia do interesado.

Tema 13.-O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 14.-Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Principios xerais do procedemento administrativo.

Tema 15.-Fase do procedemento administrativo xeral. Obriga de resolver. Actos presuntos. Certificación de actos presuntos.

Tema 16.-Os recursos administrativos. Clases: recurso ordinario. Recurso de reposición. Reclamacións económico-administrativas.

Tema 17.-Principios xerais e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 18.-O dominio público. O patrimonio privado da Administración.

Tema 19.-A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiacións forzosa.

Tema 20.-O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Tema 21.-Réxime local español. Principios constitucionais.

Tema 22.-A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 23.-O municipio. O térmo municipal. a poboación. O empadroamento.

Tema 24.-Organización municipal. Competencia.

Tema 25.-Estructuras supramunicipais. Mancomunicades. Agrupacións. A comarca.

Tema 26.-Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 27.-Relacións entre os entes territoriais. Autonomía municipal e tutela.

Tema 28.-A función pública local e a súa organización.

Tema 29.-Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Tema 30.-Dereitos económicos dos funcionarios. Dereitos pasivos. A Seguridade Social.

Tema 31.-O patrimonio dos entes locais: tráfico xurídico, utilización, conservación e defensa.

Tema 32.-As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na entidade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 33.-O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 34.-A contratación nos entes locais. Procedemento e formas de adxudicación. O contrato de obras.

Tema 35.-O contrato de xestión de servicios públicos. O contrato de subministracións. dos contratos de consultoría e asistencia, dos servicios e dos traballos específicos e concretos non habituais na Administración.

II. Parte segunda.-Materias específicas.

Tema 1.-O deporte na Constitución española de 1978.

Tema 2.-A Lei do deporte de 1990. Principios xerais. Estructura. Contido.

Tema 3.-O Comité Olímpico Internacional. Obxectivos. Cometidos. Natureza xurídica.

Tema 4.-O Comité Olímpico Español: natureza xurídica e funcións.

Tema 5.-O Consello Superior de Deportes: orixe. Natureza. Competencias. A Asemblea Xeral do Deporte.

Tema 6.-A Administración central e as comunidades autónomas na Lei do deporte de 1990.

Tema 7.-Administración local e deporte. Competencias na materia.

Tema 8.-Administración local. Organización das entidades locais en materia deportiva. Persoal. Contratación.

Tema 9.-Federacións deportivas españolas. Natureza xurídica. Constitución e disolución. Funcións. Control xurídico e financeiro.

Tema 10.-As federacións deportivas no ámbito autonómico. Natureza xurídica e funcións.

Tema 11.-As federacións deportivas no ámbito autonómico. Constitución e disolución. Persoal. Contratación. Réxime tributario. Control xurídico e financeiro.

Tema 12.-Regulamentación galega de federacións deportivas.

Tema 13.-Asociacionismo deportivo na Lei do deporte de 1990. Modalidades: clubs deportivos, agrupacións de clubs, entes de promoción deportiva, ligas profesionais.

Tema 14.-Sociedades anónimas deportivas: conceptos, supostos de creación. Constitución.

Tema 15.-O patrocinio deportivo. Contrato de patrocinio.

Tema 16.-Contrato de difusión publicitaria. Contratos de imaxe, copatrocinio. Subvención. Doazón.

Tema 17.-O deporte como práctica do tempo libre. Cultura. Deporte. Recreación. Deporte para todos.

Tema 18.-Planificación de proxectos de animación deportiva.

Tema 19.-Programas de animación deportiva: metodoloxía e evolución.

Tema 20.-Política de prezos en instalacións deportivas municipais.

Tema 21.-Actividades deportivas municipais. Posibilidades. Características.

Tema 22.-Técnicas de dirección de equipos humanos, márketing deportivo: definición. Contidos dun sistema.

Ortigueira, 11 de marzo de 1996.

Jesús Varela Martínez

Alcalde

9602307