Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a prestación do servicio de montaxe e desmontaxe das instalacións deportivas municipais.

1. Entidade adxudicataria: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: As-96/7.

2. Obxecto do contrato: prestación do servicio de montaxe e desmontaxe das instalacións deportivas municipais.

Prazo de execución: un ano, que se prorrogará tacitamente anualmente ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.500.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 190.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 18 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia que finalizará ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Docuemntación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase: «Proposicións que presenta... para optar ó concurso para a contratación da prestación do servicio de montaxe e desmontaxe das instalacións deportivas municipais».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 27 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Asinado

2207