Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto da asistencia para a redacción dos proxectos de construcción de remodelación da marxe esquedar da Avda. de Lavedra e de trazado da rede viaria na contorna da antiga estrada de Eiris.

Obxecto: redacción dos proxectos de construcción de remodelación da marxe esquerda da Avda. de Lavedra e de trazado da rede viaria na contorna da antiga estrada de Eirís. (Ref. As96/6).

Orzamento: 29.885.660 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 597.713 pesetas; definitiva 4% do orzamento.

Clasificación: grupo 11, subgrupos 3 e 5, categoría C.

Modelo de proposición: as proposicións exonómicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dna..., veciño/a de..., con domicilio en..., provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con enderezo en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de concurso para a contratación da redacción dos proxectos de construcción de remodelación

da marxe esquerda da Avda. de Lavedra e de trazado da rede viaria na contorna da antiga estrada de Eiris e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición mediante a que opto á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído).

En proba de aceptasción de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co recibo que xunto.

Data e sinatura do/a propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en tres sobre pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo (neste caso logo do cumprimento dos requisitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado o día hábil seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación da redacción dos proxectos de construcción de remodelación da marxe esquerda da Avd. de Lavedra e do trazado da rede viaria na contorna da antiga estrada de Eiris».

Prego de proposicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesións, 2ª andar do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións económicas será realizada pola mesa de constratación en acto público e terá lugar nas casas dos concellos ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación, que no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 21 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

2742