Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento con baldosa hidráulica.

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento con baldosa hidráulica. (Ref. 096/8).

Orzamento: 9.997.409 pesetas (IVE incluído). Esta cantidade non ten máis valor có de estimación do gasto máximo.

Garantías: provisional, 199.948 ptas.; definitiva 4% do orzamento.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D./Dna... veciño/a de... con enderezo en... provisto/a de DNI nº ... en representación de... con enderezo en.. (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de preposición de pavimento con baldosa hidráulica e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación ofertando unha baixa do... por cen sobre todos e cada un dos prezos do proxecto.

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición con depósito previo esixido, como xustifico co recibo que xunto.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados en horas de 9 a 13 no rexistro xeral de entrada desta concello, en man ou por correo (neste caso logo de cumprimento dos requsitos sinalados no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación), no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publciación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, finlaiznaod ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día háibl seguinte.

Nos anversos dos sobres consignarase: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reposición de pavimento con baldosesa hidráulica».

Prego de condicións: poderán ser examinados e retirada copia na Unidade de Obras e Concesión, 2º andar do Pazo Municipal, Praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña. Tfno. 18 42 19, ou na copistería que se indique nesta oficina municipal.

Apertura de plicas: a apertura das proposicións económicas relizaraa a mesa de contratación en acto público e terá lugar nas casas dos concellos ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación que, no caso de resultar sábado, se entenderá prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

A Coruña, 11 de marzo de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

2745