Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ACORDO do 27 de marzo de 1996, da Comisión de Goberno Municipal da Coruña, polo que se anuncia concurso para a adquisición de vestiario para o servicio de bombeiros.

Obxecto: diverso vestiario con destino ó persoal do servicio de bombeiros (Ref. S96/35).

Tipo de licitación: 4.537.000 pesetas (IVE incluído). Esta cantidade non ten máis valor có de estimación do gasto máximo.

Garantías: provisional, 90.740 ptas.; definitiva 4% do orzamento de contrato.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«D/Dna... veciño/a de... con enderezo en..., provisto/a de DNI nº ..., en representación de..., con

enderezo en.., (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para diverso vestiario con destino o persoal do servicio de bombeiros, e do prego de condición, que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición con depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de 9 a 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderase examinar e retirar copia no Negociado de Subministración e Compras, 2ª pranta do pazo municipal, praza de Mª Pita, nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 27 de marzo de 1995.

P.D.

O alcalde

Rubricado

2741