Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

APROBACIÓN inicial do proxecto de urbanización da zona 13 do SU-2.

Ponse en xeral coñecemento que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 8-3-1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 13 do SU-2 por instancia de José Luis Rodríguez Portugal Maceda, en representación da comunidade de propietarios dos terreos comprendidos na zona 13 do SU-2 do PXOU de Ourense, co anexo de axardinamento redactado polo enxeñeiro Fernando Villacé.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia, tralo cal e, se non houbera reclamacións nin alegacións, se entenderá aprobado definitivamente.

De conformidade co artigo 117 do T.R.L.S., sométese a exposición pública durante quince días, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, para que poida ser examinado e presentadas as alegacións que procedan.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 14 de marzo de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

96-1685