Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (324/1987).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago saber:

Que con data quince de febreiro de mil novecentos noventa e catro dictouse sentencia no xuízo de menor

contía seguido co número 324/1987 e 167/1988 que ten como encabezamento e decisión o téor literal seguinte:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número un, desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 324/1987 e 167/1988, acumulados, entre partes, dunha como demandante, José Manuel Canabal Vázquez, maior de idade, solteiro, profesor de EXB, veciño desta cidade, con domicilio na rúa da Rosa, nº 34-7-B, actuando no seu propio nome e dereito e á vez en beneficio da comunidade de herdeiros de Manuel Canabal García e Jesusa Castro Núñez, representado en autos polo procurador Esmorís Caramés e dirixido polo letrado Vispo Montero e doutra como demandados Erundina Santasmarinas Lortes, maior de idade, solteira, sen profesión especial e veciña do municipio de Boqueixón, con domicilio en Lestedo, representada en autos pola procuradora Sánchez Silva e dirixida polo letrado López Fernández, Manuel Cerdeira Segade, Carmen Pérez Casal, María e Ignacio Ferreiro Tacón, María

Ferreiro Rey, Juan Granja Porral, María Granja Cereijo e Manuel , Mercedes, Isabel e Ofelia Ferreiro Granja, todos maiores e veciños da parroquia de Lestedo, municipio de Boqueixón, excepto Ignacio Ferreiro Tacón, María Ferreiro Rey, María Granja Cerreijo e Manuel, Mercedes, Isabel e Ofelia Ferreiro Granja, que se achan ausentes en ignorado paradoiro e contra a comunidade de herdeiros de Encarnación Estévez Paz, falecida durante a tramitación deste procedemento e toda persoa física ou xurídica que teña interese ou desfrute dalgunha forma das augas que procedentes do salgueiral discorren polo antigo camiño estremeiro polo norte coa casa e saído da comunidade demandante, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre servidume de augas.

Decido: que desestimando as demandas rectoras dos xuízos 324/1987 e 167/1988, formuladas polo procurador Esmorís Caramés, en nome e representación de José Manuel Canabal Vázquez, quen actúa no seu propio nome e en beneficio da comunidade de herdeiros de Manuel Canabal García e Jesusa Castro Núñez, contra Erundina Santasmarinas Lortes, a quen representa a procuradora Sánchez Silva, Manuel Cerdeira Segade, Carmen Pérez Casal, María e Ignacio Ferreiro Tacón, María Ferreiro Rey, Juan Granja Porral, María Granja Cereijo, Manuel, Mercedes, Isabel e Ofelia Ferreiro Granja, a comunidade de herdeiros de Encarnación Estévez Paz e contra toda persoa física ou xurídica que teña interese ou desfrute dalgunha forma das augas que procedentes do salgueiral discorren polo antigo camiño estremeiro polo norte coa casa e saído da comunidade demandante, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos contidos nesta, condenando á parte

demandante en ámbolos procedementos ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fáiselles saber ás partes que non é firme e que contra esta cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados rebeldes, expido a presente, que asino e selo en Santiago de Compostela, o 1 de marzo de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

1737