Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (22/1995).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de testamentaría co número 22/1995, promovidos por Manuel Gómez Grobas, representado polo procurador Cuns Núñez, nos que por resolución do día de hoxe se acordou citar por medio do presente edicto a María Gómez Grobas, a cal se atopa en ignorado paradoiro, para que dentro do termo de quince días compareza perante este xulgado para facer uso do seu dereito, baixo apercibimento de que de non facelo se seguirá adiante o xuízo sen máis citacións e emprazamentos.

E para que sirva de citación a María Gómez Grobas, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

1738