Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (380/1991).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que en virtude do disposto no xuízo executivo, seguido perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, baixo o número 380/1991, instado polo procurador Jesús Raposo Quintas, en nome e representacióin de Caixa de Aforros de Galicia, con DNI/CIF A-15028947, domiciliada na rúa Nova, 30 (A Coruña), contra María Gloria Aldrey Iglesias, con DNI/CIF domiciliada na rúa Aríns, 1, Andrade, Santiago de Compostela; en reclamación da cantidade de 2.964.766 ptas., pola presente notifícaselle a existencia do presente procedemento, do que se expediu execución con data do 23-1-1992 e se dictou sentencia na rebeldía dos demandados con data 7-9-1992, nas actuacións deste procedeuse ó embargo de bens da demandada Josefa Iglesias Sende, con DNI/CIF domiciliada en r/ Aríns, 1, Andrade, Santiago de Compostela, da

descrición seguinte: predio situado en Aríns, chamado Piaxe de Arriba, destinado a monte e labradío, que estrema con dúas pistas e con predio de José Andrés Iglesias e José Neira, predio situado en Aríns, no lugar do Igrexario, chamado As Morinas, destinado a prado e labradío, predio catastral 0 A08, situado no lugar de Andrade, predio urbano; a María Gloria a parte que lle corresponde polo seu finado pai Modesto Aldrey Noya e vehículo C-6727-AV, notifícaselles ós herdeiros descoñecidos e incertos do finado cónxuxe da demandada para os fins e efectos previdos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

Para que sirva de cédula de notificación ós herdeiros e descoñecidos do cónxuxe da demandada Josefa Iglesias Sende, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o un de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-1756