Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.483

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (260/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 260/1995, se dictou a sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o 4 de decembro de 1995, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil do xuízo executivo seguido neste xulgado co número 260/1995 no que actuou como demandante Sociedade Anónima Pescanova representado polo procurador Antonio Fernández Villaverde e asistido polo letrado Pablo Parada Arcas e como demandado M. García Antelo S.A., declarado rebelde nas actuacións. Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 5.105.057 pesetas de principal, 187.162 pesetas de gastos e xuros ó tipo legal do diñeiro incrementado en dous puntos, calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 3.000.000 de ptas. Contra esta resolución poderá

interpoñerse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde M. García Antelo S.A. expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9602305