Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de febreiro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 299 de clasificación dos montes Capelada e Couce, pertencentes á parroquia de Régoa, concello de Cedeira.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 299 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: A Capela e Couce.

Comunidade: parroquia de Régoa.

Concello: Cedeira.

Superficie: 1.477 ha.

Lindeiros:

Norte: Ribeira de Cortes, propiedades dos lugares de S. Andrés de Teixido e Teixidelo, beiramar ata Vixía Herbeira.

Leste: monte Faro e Herbeira, pertencente á comunidade de Sta. María da Pedra, municipio de Cariño, monte Armeneiros e outros, propiedades dos lugares de Meizoso, Candocia e Biduído, monte Can de

Carracedo e Chan de Salgueiro, pertencente ó concello de Ortigueira.

Sur: monte Lume, pertencente á comunidade de Montoxo, monte da Braxe, pertencente á comunidade de San Román de Montoxo, lugar de Balteiro pertencente á comunidade de Régoa.

Oeste: propiedades pertencentes ás comunidades de Régoa e Cervo.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Ramón Olano Calleja

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

96-1876