Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 14 de febreiro de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 301 de clasificación do monte Lume, pertencente á parroquia de Montoxo, concello de Cedeira.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente número 301 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Lume.

Comunidade: parroquia de Montoxo.

Concello: Cedeira.

Superficie: 394 ha.

Lindeiros:

Norte: monte da Braxe.

Leste: monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 14 de febreiro de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 14 de febreiro de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

96-1877