Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da asistencia técnica consistente na realización das análises de 560.000 mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público:

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización das análises de 560.000 mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para ela.

Orzamento de licitación: corenta millóns de pesetas (40.000.000 de ptas.).

Clasificación: grupo I, subgrupo 02, categoría B.

Fianza provisional: oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón seiscentas mil pesetas (1.600.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particu

lares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 27 de maio de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 3 de xuño de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, do 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

96-1875