De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.
Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.
Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.
Pilar Pita Ponte
Instructora
ANEXO
Expediente: P-271/1995
Denunciado: José A. Llorena Caamaño
Último enderezo coñecido: Tereiro-Valga.
Feito denunciado: pescar sen licencia, o día 1-6-1995, no río Ulla.
Precepto infrinxido: Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
Precepto sancionador: Art. 34, da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
Sanción 50.001 ptas. e Inh. para obtela Lic. de pesca 1 ano.
Expediente: P-297/1995
Denunciado: Pablo Adolfo Liste Silva.
Último enderezo coñecido: A Igrexa-Pousada, 4; Boqueixón-A Coruña.
Feito denunciado: pescar 4 troitas de tamaño menor do permitido (16; 17,5; 16,5 e 17 cm), o día 25-6-1995, no río Ulla.
Precepto infrinxido: Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
Precepto sancionador: Art. 33, da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
Sanción: 5.000 ptas. e Ind. de 10.000 ptas. polos danos ocasionados á riqueza piscícola.
2064