Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador E.N. 24/1995 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e Lei do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que no anexo se mencionan, as resolución de ditos expedientes, por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

1.-Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcurrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme a tódolos efectos.

2.-O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados dente o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) Oficina Principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase o seu cobro pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse previo pagamento da contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 24/1995

Denunciado: Camilo Alonso Paris.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Nieto 14/3ºC, Vigo.

Feito denunciado: circular cun vehículo polas dunas da Lanzada o día 14-4-1995.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38.2º da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

2065