Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-243/1995 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo de pesca fluvial.

Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de febreiro de 1996.

Mª José Cancelo Baquero

Instructora

ANEXO

Expediente: P-243/1995

Denunciado: Jesús Silva Meire

Último enderezo coñecido: r/Alemania, 21 B G, Monteporreiro-Pontevedra.

Feito denunciado: pescar sen estar en posesión de licencia e sen permiso de couto, en zona vedada o día 25-5-1995, no río Lérez, no couto de Monteporreiro.

Precepto infrinxido: Art. 34.1º, 34.6º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: Art. 34, da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e Inh. para obte-la Lic. de pesca en 1 ano.

2063