Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-76/1995 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 26 de febreiro de 1996.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-76/1995.

Denunciado: Álvaro Candamil Quiroga.

Último enderezo coñecido: Bouzón. Seixo. Marín.

Feito denunciado: adestrar 4 cans no monte de Pas

toriza xunto á antena de Radio Nacional; o dito monte pertence á Sociedade de Caza de Marín.

Precepto infrinxido: Art. 48.1.18 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 5.000.

2062