Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña de M.T. ó C.T. Padriñán, concello de Sanxenxo, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (expediente 252/1990 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 46/1966, do 1-2-1996 (DOG nº 31, do 13-2-1996) que o día 16-5-1996, a partir das 11 horas dará comezo o levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes os predios situados no concello de Sanxenxo, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan, previndo os ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndolles tamén, de que nos ditos

actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o estimasen conveniente.

A realización será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 6 de marzo de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 252/1990 A.T.Provincia: Pontevedra.

Línea M.T. ó C.T. Padriñán.Concello: Sanxenxo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1MirafloresMonteEligio Nieto Lamar/ Castelao, 1-4º A

32005 Ourense

1255550

2MirafloresMonteAbelardo Meis GómezFontoria, 3

36960 Sanxenxo

22851.370

2 AMirafloresMonteVicenta Pomares ZárateAvda. de Galicia, 40

36630 Cambados

2240630

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

4MirafloresMonteLuciano Rodríguez Pazr/ Carlos Casas, 21-3º

36960 Sanxenxo

1050

10MirafloresMonteManuela Méndez CarballoPadriñán

36960 Sanxenxo

20200

12MirafloresMonteMaría Pais Berdullac/ Juan Florez, 47

15003 A Coruña

4CT1280600

12 AMirafloresMonteLaura Alonso Méndezr/ Zamora, 5-5º A

36203 Vigo

50200

95-1916