Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 22 de decembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente PO-01254-O-95 e seis máis).

Advertido erro na devandita cédula publicada no DOG nº 29, do venres 9 de febreiro de 1996, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 1.091, no apartado correspondente ó feito denunciado debe dicir: «Realizar un transporte

de taboleiros de madeira desde Guillarei ata Vigo, carecendo da tarxeta visado de transportes. Servicio privado. Ostenta distintivos de servicio privado, ámbito nacional».

1985