Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 abril de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e construcción dunha estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

A Dirección Xeral de Transportes, de conformidade coa Resolución de 8-4-1996 da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, anuncia o seguinte concurso:

1. Obxecto: concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

2.Orzamento: 35.000.000 de ptas.

3.Prazo: 3 meses.

4. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifiesto e a disposición dos concursantes para o seu exame nos Servicios Centrais da Dirección Xeral de Transportes, e nas Delegacións Provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, durante o prazo de presentación de proposicións, todolos días laborais, agás sábados, durante as horas hábiles de oficina.

5. Modelo de proposición: proposición económica, formulada estrictamente conforme o modelo que se adxunta no anexo número 1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser entregadas en man, no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, desde as 9 as 14 horas ou enviadas por Correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta, mediante télex ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado redactado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

7. Plazo de presentación: será de vinteseis (26) días naturais contados a partir do seguiente ó da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

8. Clasificación necesaria: a clasificación requerida será:

Grupo C completo, categoría D.

9. Apertura de proposicións:

9.1. Lugar: na sala de xuntas da Dirección Xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Praza de Europa, 5-A (2º andar), Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

9.2. Día e hora: as 11 horas do quinto día natural, que no sexa sábado, seguinte a data do término do prazo de presentación de proposicións.

10. Documentos que deben presentar os licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador, e significará que deberá acompañarse na documentación xeral (sobre nº 1) certificado de clasificación definitiva ou copia autenticada, se é o caso, para cada solución que se presente nos grupos, subgrupos e categorías adecuadas de acordo con el proxecto, prazo e importe de cada proposición.

11. Será por conta do adxudicatario o gasto ocasionado pola inserción da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director general de Transportes

2612