Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, iniciouse expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada:

V-1293; XG-077, entre Encarnación e Samil, da titularidad de Viguesa de Transportes, S.A. (Vitrasa).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente, nas oficinas do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 1996.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

2694