Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (234/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dá fe de que nos autos de xuízo executivo nº 234/1995, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.-En Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xul

gado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 234/1995, promovidos por Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, e defendido polo letrado Fernando Torres Álvarez, contra Ignacio Varela Couselo, Manuel Angel Varela Couselo e Mª del Mar Garabal Merelas, declarados en rebeldía, sobre reclamación de 1.379.701 pesetas de principal, máis 700.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate cos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ós debedores Ignacio Varela Couselo, Manuel Angel Varela Couselo e Mª del Mar Garabal Merelas, e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento ó acredor da cantidade de 1.379.701 pesetas, importe do principal reclamado, máis 700.000 pesetas, calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Contra esta resolución cabe interpoñer perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes. Así por esta miña sentencia que pola rebeldía dos demandados se lles notificará na forma e xeito que a lei prevén para os rebeldes, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Ignacio Varela Couselo, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario do xulgado

Rubricado

96-2580