Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (100/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no xuízo de faltas número 100/1995, sobre danos e coaccións, cítase a José María Gutiérrez González e Ana Beltrán Inglada, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que comparezan perante este xulgado o vindeiro día vintetrés de abril, ás 11.30 horas, para asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que intenten valerse, e fágolles sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañados de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o doce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

1661