Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (466/1995-04).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Fago saber que nos autos de xuízo executivo seguidos perante este xulgado co número 466/1995, promovido polo Banco Zaragozano S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Osvaldo Óscar Márquez e María del Carmen Lorenzo Balsa, e outros, sobre reclamación de cantidade de 764.607 ptas, de principal e mais 400.000 pesetas para xuros, gastos e custas, e dado que os demandados se atopan en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítanse os ditos demandados, co fin de que no termo improrrogable de nove días comparezan nestes autos en legal forma, mediante avogado e procurador, e se opoñan á execución se lles conviñer, facendo

constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría á súa disposición e apercibíndoos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelos citar nin facerlles outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

-Piso na cuarta planta alta, destinado a vivenda sinalada coa letra B, dunha casa sen número da Avda. Rosalía de Castro, sita no lugar do Milladoiro, parroquia de Viduído, municipio de Ames. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira no tomo 745, libro 181, folio 22 predio 17.769.

E para que conste e lles sirva de citación en legal forma ós demandados en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9602297