Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.396

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (298/1995-02).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 298/1995, por instancia de Cathy Ouellette e Janelle Schwartz contra Raúl Casal Fraga, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que di literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e cinco. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, logo de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 298/1995, sobre vexacións , no que foron partes, como denunciantes Cathy Ouelllette e Janelle Schwartz e denunciado Raúl Casal Fraga, asistido do letrado Francisco Proto, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Raúl Casal Fraga da falta pola que foi denunciado neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de apelación por escrito, presentado perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da cal se levará testemuña literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Cathy Ouellette e Janellle Schwartz expido e asino en Santiago de Compostela o vinte de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

1660