Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento e notificación de embargo preventivo (50/1996).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que se segue neste xulgado, baixo o número 50/1996, por instancia de Mercedes Benz Leasing, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva, sobre resolución de contrato de leasing e reclamación de cantidade; por medio da presente emprázase o demandado Manuel García Antelo, S.A., con enderezo en vía Faraday núm. 26, polígono do Tambre, Santiago de Compostela, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de dez días compareza nos autos, baixo apercibimiento de ser declarado en rebeldía e de recaeren sobre el os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Así mesmo, fáiselle saber ó citado demandado que por auto de data de febreiro de 1996, acordouse o embargo preventivo dos dereitos de arrendamento financeiro do camión C-4513-BB propiedade de Mercedes Benz Leasing, S.A.

E para que sirva de emprazamento en forma, así como de notificación do embargo preventivo decretado, a Manuel García Antelo, S.A., a quen se lle fai saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

9601651