Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (209/1995).

Eu, o secretario, José Manuel Silvosa Tallón, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 209/1995, seguidos a pedimento de Banco Pastor S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra O Marquiño, S.L., Consuelo Guerra Andrade, Manuel Castro Barreiro e Josefina Fernández Guerra, nos que se dictou sentencia, que na súa parte dispositiva di:

«Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a O Marquiño, S.L., Manuel Castro Barreiro, Josefina Fernández Guerra e Consuelo Guerra Andrade, e co seu producto, enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades

polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.816.270 pesetas, importe de principal e 1.000.000 orzadas para xuros pactados ata a data invocada e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, e ó seu pagamento debo condenar e condeno a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Asi, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación en forma ós demandados en paradoiro descoñecido, O Marquiño, S.L., expido o presente edicto en Arzúa o 22 de febreiro de 1996.

Rubricado

1817