Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (202/1995).

Eu, o secretario, José Manuel Silvosa Tallón, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 202/1995, seguidos a pedimento de Banco Pastor S.A., representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Consuelo Guerra Andrade, Manuel Castro Barreiro, Josefina Fernández Guerra, Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño, nos que se dictou sentencia, que na parte dispositiva di:

«Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada ata facer remate dos bens embargados a Manuel Fernández Guerra, Dolores Seoane Maroño, Manuel Castro Barreiro, Josefina Fernández Guerra e Consuelo Guerra Andrade, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 2.829.007 pesetas, importe de principal e 1.500.000 orzadas para xuros pactados ata a data invocada e, ademais, ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Asi, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación en forma ós demandados en paradoiro descoñecido, Manuel Fernández Guerra e Dolores Seoane Maroño, expido o presente edicto en Arzúa, o vintedous de febreiro de 1996.

O secretario

Rubricado

1663