Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.393

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Valedor do Pobo.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor do Pobo,

RESOLVE:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, dous postos de traballo que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios de calqueira das administracións estatal ou galega, parlamentaria, local ou da Comunidade Autónoma, que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderanse presentar no rexistro xeral do Valedor do Pobo, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán engadirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo en calquera Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicio concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupar algún dos postos de traballo anunciados, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderán declararse desertos os postos de traballo que se relacionan no anexo I se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior estivese na mesma localidade, ou dun mes, se estivese en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ó do seu cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG ou desde a data na que se lles comunique a resolución do traslado a esta institución para o caso dos funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde a data seguinte á da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Se os funcionarios seleccionados proveñen das administracións públicas galegas, parlamentaria, local ou da Comunidade Autónoma, terán dereito a seren declarados na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor do Pobo.

Noveno.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artito 110.3º da Lei 30/1992, do 6 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, vinteoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

ANEXO I

1º Denominación do posto de traballo: administrativo. Secretaría do Valedor do Pobo.

Centro directivo: Valedor do Pobo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 18.

Complemento específico: 1.246.924.

Grupo C.

Corpo/escala: xeral.

2º Denominación do posto de traballo: auxiliar administrativo. Secretaría do Valedor do Pobo.

Centro directivo: Valedor do Pobo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel: 14.

Complemento específico: 1.246.924.

Grupo: D.

Corpo/escala: xeral.

1662