Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (278/1995).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día de hoxe, no xuízo de faltas nº 278/1995-I, tramitado por agresión, cítese a José Antonio Pereiro Muíño, en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 26 de abril, ás 11.20 horas, co fin de que compareza ante a sala de audiencia deste xulgado, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito, e de que deberá ir provisto do DNI e das probas das que intente valerse.

En Santiago de Compostela o vintedous de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

96-2335