Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.397

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (27/1990).

Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do seu cargo baixo o número 27/1990, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Santiago Gómez Martín, en representación de Banco Bilbao Vizcaya, S.A., contra Juan Manuel Veiga Fuciños, en reclamación de cantidade, nas actuacións do cal acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial os seguintes predios embargados ó demandado:

1. 1/2 indivisa do predio urbano sito na rúa do Progreso nº 47 da vila de Melide; rocho no faiado, sinalado co nº 1 duns 10 m aproximadamente. Linda: fronte, corredor común; esquerda, entrando, José Sexto Agra; dereita, rocho sinalado co nº 2 e costas, herdeiros de Ramón Patiño. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no folio 200, tomo 405, libro 67 de Melide, predio número 13.491. Prezo de valoración: 150.000 pesetas.

2. 1/2 indivisa do predio urbano sito na vila de Melide, soar de 207 m e 5 dm. Linda: fronte ou norte, en liña de 22 m, 40 cm, Juan e Vicente Veiga Fuciños; esquerda ou leste, Faustino Rodríguez Segade; dereita ou oeste, Ramón Asorey e costas ou sur, herdeiros de Jesús Veiga Agra. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa, no folio 210, tomo 352, libro 58 de Melide, predio número 10.168. Prezo de valoración: 1.037.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa Viena o próximo día 20 de maio ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será o sinalado na descrición de cada un dos predios, sen que se admitan licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao-Vizcaya nº de conta 1592-17-27-90 o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa, ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só o demandante poderá face-lo remate a calidade de cedelo a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos licitadores que non resul

tasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas licitacións.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resulte deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo 18 de xuño, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 17 de xullo, tamén ás once horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

96-2571