Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.398

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (253/1995).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 253/1995, promovido por Banco Hipotecario de España, S.A., contra Jesús Manuel Graña García nos que, por resolución desta data, se acordou sacar á venda en pública poxa, o inmoble que ó final se describe, o remate do cal terá lugar na sala de audiencia deste xulgado na forma seguinte:

En primeira poxa, o día 28 de maio próximo, ás 11 horas da mañá, a servirá de tipo o pactado na escritura de hipoteca, que ascende á suma de 9.000.000 de ptas.

En segunda poxa, caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 27 de xuño próximo, ás 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 29 de xullo próximo, ás 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.-Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de cederllo a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, no BBV nº conta 1592-18-253-95, o vinte por cento do tipo expresado, e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3.-Os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto en secretaría, e enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, e enténdese que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa

-Número trece, local a vivenda sinalado coa letra C, interior do piso cuarto alto da edificación actualmente sinalada co nº 253 da Avda. de Lugo desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión superficial: 76 m e 60 dm. Linda: norte, de Juan Fraga Rodríguez e patio común; sur, de Esperanza Otero; leste, con patio de luces, locais a vivenda sinalados coas letras A e B e oco das escaleiras; e oeste, con terraza do local nº 3 e despois de José Rama Castro. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1022, libro 61, folio 77, predio nº 5.384.

Dado en Santiago de Compostela o vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9602145